22/5/09

ORGANIZACIÓN

Para que poidas moverte a gusto pola biblioteca, debes saber:

1- QUE está organizada en zonas.





2- QUE os seus fondos están organizados pola CDU (Clasificación Decimal Universal), que os clasifica en 9 apartados, segundo as materias.

3- QUE todos os documentos teñen unha etiqueta para a súa colocación nos andeis.


Se entendiches a CDU podes animarte a xogar ao xogo das etiquetas.

4-QUE o horario de atención con profesor encargado é o que figura na porta.
5-QUE hai que respetar as seguintes normas de uso:
a) Os usuarios poden acudir á biblioteca para ler, estudar, buscar información, solicitar en préstamo fondos e realizar actividades cos seus profesores.
b) Para ler na sala os usuarios poden coller directamente os libros dos andeis sen pedir permiso a ninguén, deixándoos ao rematar na caixa que hai para tal fin. Porén, os CDs e DVDs terán que llos pedir ao profesor.
c) Non se pode entrar na biblioteca con comida ou bebida.
d) Débese gardar silencio para non molestar aos que están a ler ou traballar.
e) Débese coidar todo o material da biblioteca.
6-QUE hai un servizo de préstamo que funciona de luns a venres nos recreos e nas horas en que hai un profesor encargado.
-Están incluídos neste servizo todos os documentos, agás as obras de carácter xeral, como enciclopedias e dicionarios, cómics e publicacións periódicas.
-O prazo de devolución será de 15 días para os libros e 3 para os DVDs. Poderase solicitar renovación do préstamo (7 días pra os libros, 1 para os DVDs), se ningún outro usuario o tivese solicitado.
-Os usuarios non poderán ter en préstamo máis de 3 documentos á vez.
 
Todos os usuarios seguirán as seguintes normas de préstamo:
a) Solicitar o libro ao profesor de garda de biblioteca, quen cubrirá os datos no ordenador.

b) Introducir no libro un papeliño coa data de devolución para non esquecela.
Se un usuario incumpre o prazo de devolución, cada día de retraso irá acadando 1 punto. No caso de chegar a dez, perderá o dereito a préstamo por cinco días.


7- QUE hai unhas normas de uso dos ordenadores:
-os ordenadores da Biblioteca son só para uso de tareas escolares.
-haberá que pedir permiso ao profesor encargado para podelos usar, explicando a tarea que se vai realizar.
-non se poderá estar máis de 10 minutos, se houbese outro alumno esperando para usalo